O PSOE pide a reposición do traballador social no centro de saúde de Ribadavia

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O PSdeG-PSOE de Ribadavia require ao concello a cobertura urxente do posto de traballador/a social no centro de saúde da vila o cal está sen cubrir dende que se xubilou a anterior traballadora social no mes de agosto. Os socialistas xa veñen advertindo de que esta situación se sucedería dende o pasado mes de xullo cando aseguraban que nin a Xunta nin o goberno dos populares con César Fernández á cabeza cubrirá a vacante e consideran “inadmisible que non se adiantasen aos feitos cando nos atopamos nunha situación grave de risco sanitario onde os servizos sociais son máis indispensables que nunca”, denuncian.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os socialistas da vila denuncian que esta situación é “sumamente gravosa” xa que implica que todo o que está relacionado con trámites de dependencia, minusvalías, discapacidades, apoio administrativo, información anticonceptiva, prestacións, información social de embarazos e interrupcións, seguimentos de embarazos en risco, informes, consultas, etc, atópase sen atender.

“O xerente do centro comprometeuse no seu momento  a cubrir a vacante e a día de hoxe está olvidado ese tema”, denuncia a concelleira Noelia Rodríguez, ademais de que a parte da “área sanitaria que corresponde á traballadora social non funciona na vila do Ribeiro desde agosto”- nin sequera con persoal en rotación.

Por outra banda, tampouco se están a facer seguimentos de pacientes Covid coma o control de síntomas, o apoio familiar, os trámites e o apoio social para persoas que viven en soidade ou persoas dependentes; cando estamos atravesando a 2ª onda de coronavirus na provincia e Ribadavia conta con máis afectados que na primeira.

Entre as funcións da traballadora social está supervisar os casos de covid, as urxencias, a atención aos pacientes que acuden ao centro de orientación familiar – quenes nin sequera poden pedir nin cita porque o administrativo non existe- ademáis de impartir charlas nos institutos sobre a covid, métodos anticonceptivos e enfermidades de transmisión sexual

O novo centro de saúde sen concretar

O voceiro dos socialistas de Ribadavia, Nacho Gómez, tamén reclama coñecer “como vai a xustificar agora a Xunta de Galicia, gobernada por Feijóo e o concello, co popular, César Fernández, á cabeza, porqué non se leva a cabo a construción do novo centro de saude”.

Cando o PSdeG-PSOE rexía o consistorio os populares e a Xunta alegaban que “faltaba documentación” e agora xa non se trata soamente diso, senón de que durante o mandato do PSOE todo foron “eivas e trabas” mentres que agora dan por morto o novo ambulatorio.

Todo foron mentiras de Feijóo e do alcalde para que non fose un goberno socialista o que levara adiante a nova obra do centro de saúde e inciden en que  si eso acontece esixirán “danos e prexuizos” ao concello de Ribadavia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------