A Comisión Seleccionadora de Motivos do Cupón, aprobou a emisión dun cupón dedicado á Festa do Pulpo do Carballiño con data de emisión xoves 5 de agosto de 2021, tres días antes da celebración da festa, prevista para o doimngo 8 de agosto.
Este acordo foille comunicado ao alcalde, Francisco Fumega, que amosou a súa satisfacción pola deferencia da ONCE, e sobre todo pola promoción que suporá para a próxima Festa do Pulpo.
Tamén se está á espera de que para esa edición se consiga a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.