Representantes dos balnearios, da hostelería e do sector empresarial, así como a asesoría local que colabora co concello en materia de promoción turística, asistiron a esta xuntanza, que tivo lugar no salón de plenos do concello e que estivo presidida polo concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, xunto coa coordinadora do estudio do Eixo Atlántico e experta en turismo, Carmen Pardo. A consultora está realizando un Plan Turístico para O Carballiño.