O veciño e concelleiro de Maside, Nacho Campo, foi elexido como novo presidente das Novas Xeracións do Partido Popular de Ourense. Relevará no cargo a José Antonio Parente. Con so 22 anos, enmárcase coma o concelleiro más novo da comarca do Carballiño.
Nacho Campo, logo da súa elección en asamblea, amosou a través das súas redes sociais numerosos agradecementos. Entre eles, detaca o papel fundamentas de Parente, que afirma que foi quen o fixo comezar con este proxecto das Novas Xeracións. Tamén deu o seu agradecemento ó presidente da deputación, José Manuel Baltar, a quen quixo lembrar polo seu traballo, esforzo e tamén polos consellos. Finalmente, Nacho Campo deu as gracias ó resto de compañeiros que xunto c conforman a organización das Novas Xeracións
O seu obxectivo é o de loitar polos interesas da provincia e de axudar en todo o posible ó partido.