Tiruleque, Grupo de Teatro organiza un Obradoiro de Interpretación de trinta e dúas horas, a celebrar os días 10, 11, 24 e 25 de abril de 2021, que se desenvolverá no Auditorio Manuel María do Carballiño, impartido por D. Fernando Llera Rodríguez, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
O horario do cursiño será de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, cun prezo de 40 € para os membros dos grupos de teatro pertencentes á Federación Galega de Teatro Afeccionado, e de 50 € para o resto. O contido do curso facilitaráselle polo miúdo a todos aqueles que o soliciten.
As prazas irán cubríndose por orde de inscrición ata un máximo de 15 persoas. Os interesados poden solicitar a súa asistencia ao obradoiro enviando una sinxela petición por correo electrónico a: tiruleque@galicia.com, facendo constar o seu nome, enderezo e DNI, debendo acompañar un xustificante do ingreso correspondente na conta bancaria de Tiruleque, que se indica a continuación: ES94 3070 0039 0660 2976 6513. No caso de ser membro da FEGATEA engadirán a maiores un certificado acreditativo de tal circunstancia, expedido polo secretario do grupo de teatro ao que pertenzan.
PUBLICIDADE
