A Semana Escolar da Árbore e da Auga pasou hoxe polo CEIP de Cortegada

Ás 12.00 horas: Semana Escolar da Árbore e da Auga.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita o colexio público de Cortegada, dentro das actividades da Semana Escolar da Árbore e da Auga, acompaño polo director do colexio Anxo Fernández Rodríguez e polo promotor da actividade. Xosé Antonio Perozo.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o CEIP de Cortegada para participar, xunto cos alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria, nunha das actividades incluídas na 7ª Semana Escolar da Árbore e da Auga, que organiza a institución provincial “para pór en valor as boas prácticas medioambientais e concienciar aos máis novos en materia de sostibilidade”, afirmou Manuel Baltar, quen puxo de relevo que, nesta edición, ao redor de 7.000 alumnos da provincia participan neste evento educativo e de divulgación medioambiental cuxa finalidade este ano é sensibilizar aos escolares sobre a importancia da auga nas nosas vidas, máxime pertencendo á provincia termal por excelencia, Ourense, e tendo hoxe como exemplo a Cortegada, un municipio vencellado por tradición e historia ao termalismo”, expresou Baltar. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A obra que nesta edición da Semana Escolar distribuíu a Deputación é o conto No país das augas, de Xosé A. Perozo, que narra un misterio que comeza na vila de Cortegada. O libro, ilustrado por Viki Berre, conta a investigación que unha rapaza e o seu amigo invisible realizan sobre o roubo das augas do balneario de Cortegada, unha historia que levará aos protagonistas ata outros puntos da provincia como o Macizo Central para coñecer o funcionamento do ciclo da auga na natureza. 

O libro, distribuído entre os centros de ensino inscritos neste programa, amosa a importancia da auga para a vida e pon de manifesto a riqueza que posúe a provincia en relación a este elemento, en particular no ámbito termal.  

A 7ª Semana Escolar da Árbore e da Auga, que remata este próximo domingo, está organizada pola Deputación de Ourense con motivo dos días mundiais da Árbore e da Auga, e inclúe unha proposta de actividades e traballos destinados aos docentes, así como unha guía do profesorado. 

PUBLICIDADE