Videoconferencia da sesión ordinaria do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ó mes de marzo de 2021. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º);
Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Álvaro José Fernández López (Deputado PPOU); Consuelo Vispo Seara (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Ana María Villarino Pardo (Deputado PPOU); Miguel Antonio Cid Álvarez (Deputado PPOU); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); José Ignacio Gómez Pérez (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Rosario Rodríguez Delgado (Deputado PSOE); Margarita Pérez Fernández (Deputado PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Grupo Mixto); Armando Ojea Bouzo (Deputado DO); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida hoxe
en sesión telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión
de preto de 126.000 euros en achegas nos ámbitos da cultura, servizos sociais e
cooperación cos concellos. No capítulo cultural, deu luz verde a senllas subvencións
para gastos de funcionamento ás fundacións Curros Enríquez, por valor de 26.000
euros, e Otero Pedrayo por importe de 35.000 euros, mentres que no ámbito dos
servizos sociais aprobouse unha achega de 21.000 euros con destino á Fundación
para a Protección de Discapacitados Psíquicos da comarca de Verín.
XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
No tocante a cooperación, o Concello de Castrelo do Val
recibirá unha axuda de 9.866 euros para unha instalación solar fotovoltaica de
autoconsumo para as instalacións municipais. Ademais, o Concello de Muíños
contará cunha achega de 34.000 euros para o cofinanciamento do plan IDAE 2020,
de renovación do alumeado público.
Posteriormente, celebrouse a reunión telemática do Comité
de seguimento do COVID-19, onde se analizou a evolución das cifras referidas á pandemia
e dos datos correspondentes á modalidade de teletraballo que se desenvolve nos
centros e instalacións da Deputación.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.Estou de acordoAviso legal e Privacidade