O BNG pide ó concello a ampliación do servizo de conciliación “Bo día familia”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O actual contrato do servizo de conciliación “Bo día familia”, venceu e atopase prorrogado, e xa nestes intres  o servizo non dá unha resposta axeitada ás necesidades das familias que precisan conciliar a súa vida familiar e laboral, indica a voceira municipal do BNG, Sofía García.

Este servizo vense prestando nas horas previas ao inicio da xornada escolar, desde as sete e media da mañá ate que os cativos e cativas comezan as aulas. Con servizo de almorzo a quen o solicita. “Porén xa son moitas as familias que nos trasladan a necesidade de ampliar este servizo” dí García, “ante os deberes laborais que actualmente deben atender pais e nais”.

COMERCIAL ORCELLÓN

Nestes momentos o contrato do servizo de conciliación  atopase caducado  e hai unha ausencia de información municipal por parte de goberno Carballiño a respecto do futuro do servizo. “Desde o BNG consideramos que é urxente actualizar o servizo, e trasladaremos ao ente municipal as queixas e demanda que as familias nos teñen manifestado”.

“Urxe sacar un novo prego cunhas novascondicións,  porque o servizo estase dando agora exclusivamente nas horas previas á entrada das crianza nas aulas,   e é preciso un servizo de conciliación integral que permita verdadeiramente a conciliación” declara a voceira nacionalista, “demandaremos ao concello que este servizo se amplíe para que inclúa o servizo de comedor ao medio día e que se preste tamén pola tarde, para que sexa posible unha verdadeira conciliación entre o ámbito familiar e laboral de nais e pais”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------