O Carballiño leva o pulpo á Feira Internacional de Turismo do Interior, en Valladolid

Dende hoxe xoves está en marcha INTUR, a Feira Internacional de Turismo do Interior en Valladolid. O Carballiño estará presente neste evento, amosando o potencial turístico e a oferta que fai a este municipio e comarca. A súa presenza alí estará arroupada dentro do stad instalado polo Inorde. Neste caso, coma na recente Feira Xantar, estará a Asociación de Pulpeiros do Carballiño ofrecendo o prato distintivo da zona: o pulpo á feira.

Esta non é a primeira vez que O Carballiño acude a esta feira, e valoran moi positivamente a oportunidade que lles ofreceu o Inorde de participar nun evento distinguido no eido turístico.

AVANTAR ACTIVIDADES