Marina Ortega do gupo socialista reclámalle á Xunta que “faga todo o que estea na súa man” para manter o centro de control integrado de Iberdrola en a Rúa

Marina Ortega considera “inxustificable” a deslocalización deste servizo por unha empresa que ten explotado Galicia con centrais “maioritariamente amortizadas” e conta con importantes proxectos de parques eólicos

A parlamentaria socialista Marina Ortega vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que evite o traslado do Centro de Operación de Cuenca –COC- do río Sil que Iberdrola ten en A Rúa. A responsable socialista considera “inxustificable” esta deslocalización por parte da empresa que vai concentrar os COC en Salamanca.

AVANTAR ACTIVIDADES

A parlamentaria ourensá reclámalle ao goberno galego que cumpra ademais co mandato previo do Parlamento, que en xuño de 2019 aprobaba unha proposta para que a Xunta mantivera os postos de traballo de Iberdrola en Valdeorras e no resto de Galicia, e lle esixira o mantemento dos postos de traballo e o freo do desmantelamento dos servizos cos que conta en Galicia.

Ortega sinala que a empresa “debe respectar a Galicia” e responder dunha terra que ten explotado con centrais que “maioritariamente xa están amortizadas”, e que ademais “conta con importantes proxectos, coma parques eólicos” no rural galego. Sinala que a desaparición deste COC, para trasladar o servizo a Salamanca, “suporía a perda de empregos cualificados, a perda de actividade económica con diversas empresas colaboradoras e un duro golpe ás poboacións do rural”.

Sinala que a proximidade dos servizos que xestionan os recursos constitúe ademais “unha vantaxe na eficacia e rendibilidade dos centros de produción”, xa que “facilitar a realización de trámites, así como a propia coordinación e da tranquilidade ante a diversidade de incidentes e riscos nestes recursos”.