Ante a previsión de choivas para a xornada de mañá, dende a concellería de cultura do concello do Carballiño tomouse a decisión de aprazar as actividades previstas para a xornada de mañá dentro da homenaxe polo centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán. Na programación estaba previsto un acto con ofrenda floral na praza do Carballiño que leva o nome da escritora, a lectura dalgúns textos e acompañar o acto de música ou algunha actuación. O concelleiro Diego Fernández asegurou que se procurará modificar a data para que o acto poida ter lugar.