ABANCA, Afundación e o Concello de Maceda presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes»

A apertura tivo lugar esta mañá no salón de actos do Concello de Maceda

Esta mostra enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello de Maceda, ABANCA e Afundación

AVANTAR ACTIVIDADES

. O Concello de Maceda, ABANCA e Afundación presentan a exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». O acto de apertura tivo lugar esta no salón de actos do Concello de Maceda, e contou coa asistencia Rubén Quintas Rodríguez, alcalde de Maceda; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Lucía Santás, directora da oficina de ABANCA en Maceda; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo. Poderase visitar ata o vindeiro 11 de outubro, de luns a venres de 09.00 a 15.00 h.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

A exposición consiste nunha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é o de tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. É a historia de «millóns de españois que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir», en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004.

As imaxes da mostra están dispoñibles na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/drive/folders/1zR4hALBME2xgGehBvf3omMIrjJZ3s4tH?usp=sharing