Moción do Bng de Ribadavia a prol do remate da rede municipal de sumidoiros e a súa conexión integral coa estación depuradora.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A rede municipal de sumidoiros de Ribadavia foise estendendo paulatinamente e tamén se foi renovando para tratar de chegar aos múltiples puntos nos que se xeran augas residuais, así como para dar cumprimento ás normativas ambientais que obrigan a que todas as augas residuais sexan recollidas e tratadas nunha estación de depuración de augas residuais.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sen embargo no noso concello este proceso aínda non se completou, pois existen numerosas vivendas, non só edificacións illadas se non mesmo núcleos de poboación enteiros, e incluso instalacións de uso municipal, que non se atopan actualmente conectados á rede de sumidoiros e nos que as augas residuais continúan a verterse ao medio ambiente, mesmo directamente a cursos de auga, sen ser sometidos a ningún tratamento de depuración.

Esta responsabilidade institucional non se restrinxe só ao Concello, a administración autonómica conta coas competencias en materia de abastecemento e saneamento, que exerce a través da entidade Augas de Galicia. Esta entidade percibe os tributos correspondentes como o canon da auga, polo que tamén debe cofinanciar estas actuacións que propomos para completar a rede municipal de saneamento.

      Por estes motivos propomos ao  Pleno do Concello de Ribadavia a adopción dos seguintes ACORDOS:

1. Demandar a elaboración e execución dun Plan de remate da rede municipal de sumidoiros e a súa conexión integral coa estación depuradora de augas residuais do concello de Ribadavia.

2. Demandar da entidade Augas de Galicia o financiamento necesario para completar dito plan.  

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------