Emilio González destaca o traballo e o compromiso da Policía Nacional en Ourense

Zamora, Spain - March 31, 2018:. Rear view of Police officer watching during crowded religious event. Holy Week in Zamora, Spain (easter week). Holy Week is celebrated by 16 Catholic religious brotherhoods and fraternities that perform penance processions on the streets of the city.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, destacou hoxe o traballo e o compromiso da Policía Nacional coa defensa dos dereitos e liberdades da cidadanía ourensá. “A Policía Nacional converteuse nun corpo imprescindible para o benestar común e nunha das institucións mellor valoradas do Estado”, expresou Emilio González no acto institucional con motivo do Día da Policía, en honor aos Santos Anxos Custodios.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O subdelegado do Goberno tamén puxo de relevo a capacidade de adaptación da Policía Nacional aos novos retos grazas á continua formación e á alta especialización acadada. “O voso labor é imprescindible en asuntos como a loita contra a violencia de xénero, a persecución dos delitos contra a liberdade sexual e dos delitos de odio ou a ciberdelincuencia, sen descoidar a persecución dos delitos máis comúns”.

Tamén subliñou as tarefas de prevención da delincuencia que realizan os axentes da Policía Nacional. Así, Emilio González mencionou as charlas e talleres coa comunidade educativa, a través do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas, e as actividades co colectivo de persoas maiores.

Durante a celebración do Día da Policía, o subdelegado do Goberno trasladou o recoñecemento e o agradecemento polo traballo e esforzo realizado por este Corpo con motivo da pandemia e da crise sanitaria. “O voso compromiso e profesionalidade superaron con creces o mero cumprimento do deber, dando todo para protexer á cidadanía e aos colectivos máis vulnerables, sen desatender as vosas funcións e a pesar do risco asumido”, indicou.

No seu discurso, Emilio González tamén fixo referencia á oferta de emprego público anunciada polo Goberno de España, que vai permitir reforzar o persoal de Policía Nacional, e ao Plan Estratéxico, que vai marcar unha nova etapa para o Corpo, impulsando a transformación dixital, a loita contra a ciberdelincuencia, a cooperación internacional, a igualdade e a formación dos axentes.

O subdelegado do Goberno concluíu a súa intervención animando aos axentes a continuar traballando centrados na mellora continua do servizo público que prestan. “Sigamos conseguindo que a cidadanía vexa á Policía Nacional como un compañeiro de viaxe”, subliñou.

No acto de hoxe fíxose entrega de 24 condecoracións. Cinco delas foron para persoas e institucións alleas ao Corpo Nacional de Policía. En concreto, o tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Ourense, Rafael López; o xerente da Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco, Félix Rubial; o responsable de Formación de Cruz Roja Española en Ourense, José Antonio Fontelo; a Asociación Cultural Amigos Camiño Mozárabe, cuxa distinción recolleu o seu presidente, José Luis Rodríguez; e a Asociación de Veciños O Couto, distinción recollida polo seu presidente, José Delgado.