O sector servizos segue sendo o encargado de maquillar os datos do paro en Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Decembro rexistrou un total de 275 persoas menos que o mes anterior rexistradas
como demandantes de emprego.
• Por sectores, a variación foi a seguinte:
o Agricultura: – 9
o Industria: +14
o Construción: + 70
o Servizos: -255
o Sen emprego anterior: – 95
• En decembro asináronse en Ourense 5.226 contratos
o Indefinidos: 584 (11,17%)
o Temporais: 4.642 (88,82%)
• En todo o ano 2021 asináronse un total de 73.718 contratos
o 7.948 indefinidos (10,76%)
o 65.770 temporais (89,22%)
• Decembro rematou cun descenso na afiliación á SS de 181 persoas, situándonos en
103.192 (só un 10%) do total de Galicia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Non hai que ser un experto analista para concluír que os datos non son para nada alentadores, e que a nómina de persoas asalariadas descansa maioritariamente na precariedade e temporalidade que caracterizan ao sector servizos.
A nova reforma laboral, que como a propia patronal CEOE recoñece, unicamente veu axustar e perfeccionar a Reforma do PP de Rajoy de 2012, vai seguir, se non o impedimos, contribuíndo a ter unha economía raquítica na nosa provincia, e a seguir propiciando a fuxida da xente moza que, con maior preparación que nunca, terá que buscar o pan fora do país, porque eiquí o pouco que se lle ofrece é traballo de pura (e escasa) subsistencia.
Desde a CIG xa anunciamos que realizaremos unha campaña en contra da nova Reforma
Laboral que arrancará nos próximos días explicando o seu alcance por todos e cada un dos centros de traballo e empresas de Ourense.