O Carballiño volve a subir hoxe oito casos ata un total de 176 contaxios activos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe  ata os 176 contaxios, oito contaxios máis. Maside mantén os 34 casos activos. Boborás baixa ós 18 casos e Beariz sobe ós 16. San Amaro conta con 12 casos e Piñor baixa ós 9. San Cristovo de Cea conta con 8 casos. Punxín conta con 4 casos e O Irixo con tres.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A comunidade galega rexistra hoxe 1.684 contaxios novos. O número de casos activos descenden hoxe ata os 22.395. A ocupación das camas dos hospitais descende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 25 (=) están en UCI e 535 (-74) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 189 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan hoxe ata os 2.645. En canto á presión hospitalaria, contamos con 63 (-4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (=)  na UCI.