Os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Chamoso Lamas participan na Semana galega de Filosofía.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Como xa ven sendo habitual dende fai máis dunha década, os alumnos do IES Chamoso Lamas achegáronse á Semana de Filosofía de Pontevedra, centrada este ano no pensamento contrahexemónico.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estas xornadas, que xa van pola súa 38 edición, son un dos congresos de Filosofía máis imprtantes do estado español, con amplo recoñecemento internacional e polas que teñen pasado pensadores e pensadoras de recoñecido prestixio dentro do campo do pensamento filosófico.

Desta vez os alumnos participaron en dúas charlas, unha pola mañá sobre o especismo e os dereitos dos animais impartida polo profesor de Filosofía Moral da USC, Oscar Horta, e outra pola tarde impartida pola xornalista e escritora Montse Fajardo na que se falou de memoria histórica dende unha perspectiva feminista poñendo o foco na represión exercida pola réxime franquista sobre as mulleres.

A actividade foi cordinada polos departamentos de Galego e Filosofía do centro.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------