II Torneo de Reis fútbol sala

Serán arredor de 24 clubes os que se esperan participen no II Torneo de Reis de Fútbol Sala, que organiza o Club GRI Carballiño FS, e que foi presentado este mediodía pola concelleira de Deportes, Silvia Baranda; o polo presidente e coordinador do club GRI Carballiño Fútbol Sala, José Manuel Vázquez Rodríguez e Juan Carlos Crespo Fraiz, respectivamente.

O torneo disputarase os días 3 e 4 de xaneiro nas dúas pistas do pavillón de deportes Paco Chao, cun horario continuo que irá desde as 09,00 ás 21,00 h. E no mesmo poden participar equipos masculinos nas categorías de prebenxamín, benxamìn, alevín, infantil, cadete e xuvenil.

AVANTAR ACTIVIDADES

A inscrición, que é gratuita, pode realizarse ata o 30 de decembro na páxina web futbolsalacarballino@gmail.com ou no propio pavillón de deportes e redes sociais do club de fútbol sala.

Silvia Baranda explicou que, ainda que no cartel pon que é a segunda edición, en realidade é a terceira, porque anteriormente tamén se celebrou o torneo de Nadal.  E dixo que a concellería de Deportes sempre ía apoiar este tipo de iniciativas de promoción do deporte base, e que espera que o torneo sexa un éxito de participación de equipos e público, como nas pasadas edicións.

José Manuel Vázquez recordou que este torneo é masculino porque o feminino se disputa en Semana Santa ante a imposibilidade de albergar tantos partidos en só dúas pistas e en tan pouco tempo. E tamén dixo que se espera a participación dos clubes da provincia de Ourense que compiten actualmente nestas categorías, así como de Pontevedra, Lugo e Santiago. E que nesta edición non haberá participación portuguesa porque, ainda que foron invitados, non poden desplazarse nesas datas.

Juan Carlos Crespo reiterou a importancia deste torneo para O Carballiño  e invitou aos clubs a inscribir os diferentes equipos nas categorías incluidas no torneo.