Espazo en Común considera absolutamente impresentable a supresión das Axudas no emprendemento

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Despois de dous anos nos que estas apoiaron a varios novos proxectos, é lamentable que, este ano, eses fondos se desvíen para festexos e soldos de concelleiros do goberno.

A pesares da nosa solicitude de que se eliminara do pleno esta decisión, o alcalde Fumega e o seu grupo perseveraron en manter unha medida que fai evidentes as súas prioridades. 

COMERCIAL ORCELLÓN

Finalmente no “semipleno” celebrado o pasado xoves 28 culminou o despropósito xa denunciado por Espazo Común nos día anteriores e no que o goberno do Concello do Carballiño aprobou cos seus votos e a abstención do Partido Popular unha modificación de crédito para traspasar 21.000 € que estaban inicialmente previstos para fomento do emprego e remataron nas  partidas adicadas a festexos e salarios de concelleiros liberados.

Dentro da gravidade desta decisión que define ben ás claras unha tendencia e a defensa duns intereses máis ben particulares que se alonxan demasiado do interese xeral, tentamos na nosa intervención nese punto, que polo menos se mantiveran as axudas ao emprendemento que se viñan convocando dende a Área de Emprego en anos anteriores.

A xustificación da negativa do alcalde foi, cando menos, delirante. “Ninguén as pediu” dixo literalmente no pleno. 

A facilidade para xustificar o inxustificable e tentar manipular a realidade xa comeza a ser demasiado evidente. É de todo punto imposible que ninguén demande unha axuda que non se chega a convocar. 

A gravidade da decisión aumenta se temos en conta que as cifras do paro levan nos últimos meses unha dinámica de suba continuada con respecto a anos anteriores.

No proxecto de orzamentos para o ano 2020 que xa se está demorando con respecto aos prazos que nos foron anunciados, esixiremos que se recuperen estas axudas que serven de apoio a moitos novos emprendedores a levar adiante o seu proxecto sen ter que marchar do Carballiño, xerando emprego e riqueza nun pobo que ben o precisa.

Como lle dixemos no pleno ao grupo de goberno, “a xente non pode ir a unha festa se non ten cartos e para iso fai falla emprego”. 

Non semella moi intelixente construir nada deste xeito. Ninguén no seu xuizo comeza a facer unha casa pola sala de festas.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------