Templo da Veracruz: Fotos antigas

IES CHAMOSO LAMAS

Cando se fala do Templo da Veracruz aparecen dúas figuras vinculadas o mesmo : D Luciano Evaristo Vaamonde da Cortiña, cura párroco do Carballiño e promotor do templo e D Antonio Palacios Ramilo Arquitecto do mesmo.

Non é obxecto deste artigo falar da vida deles. En todo caso nestes dous enlaces vinculados as fotos pódese ver detalles da vida de ambos

HIPER MASIDE
D Evaristo Vaamonde

D Antonio Palacios

Como datas máis significativas da construcción do Templo da Veracruz anotamos as sguintes:

  • 20 de xuño de 1943 As 6 da tarde colocase a porimeira pedra
  • 21 de xuño de 1945 Desde a parroquial ( Igrexa Vella ) vaise en procesión por primeira vez ata o novo Templo
  • 26 de outubro de 1945 Morre D Antonio Palacios
  • 17 de setembro de 1952 Inaugurase o Templo da Veracruz

No seguinte arquivo veñen detallados distintos aspectos relacionados ca construcción. Son unha especie de indice.

ARQUIVO Cas Datas Relevantes da construcción do Templo da Veracruz

Clic na imaxe

D Evaristo foi anotando meticulosamente nunha especie de diario tódalas incidencias que tiñan que ver co Templo. Unha copia deses papeles estan en poder de Badal Novas. Iranse publicando pouco a pouco

Primeira Páxina do Diario de D Evaristo

No video podemos ver unha recopilación de fotos antigas do Templo da Veracruz.

Moitas das fotos que aparecen no video xa se virón en exposicións, libros, xornais etc

Das vistas en libros temos que facer mención especial a dous deles:

  • ” O CARBALLIÑO Vellas historias – Vellas fotografías 1870-1970 ” do noso veciño e cineasta Miguel Anxo Fernández. Foi publicado no ano 1992 e a edición correú a cargo a Xociviga.
  • ” O CARBALLIÑO 1869-1979 Álbum fotográfico da Vila do Arenteiro ” do noso veciño Xosé Manoel Rodríguez , xornalista da Voz de Galicia. Foi públicado no ano 2010.

Agradecer tamén a Familia Otero Landeiro ( constructores do Templo ) a súa disposición en facilitar fotos da súa propiedade para que se vexa como foi evolucionando a obra. O mesmo cabe decir de Felipe Senén, que esta sempre ahi con calquera proxecto que visualize a Carballiño

VIDEO FOTOS ANTIGAS