A Plataforma pola defensa do Transporte Público recolle Firmas

Publicidade ASPADISI

Notas sobre o tren Por Mercedes Amil

Licencia en Socioloxia. Estudios de Dereito

HIPER MASIDE

Traballadora de Cellnex Telecom período 1984-2018

Mercedes Amil

Coincidindo coa reivindicación da Plataforma en defensa do transporte público do Carballiño; traslado istes comentarios entorno a problemática do trazado do tren; totalmente insuficiente no servicio ferroviario e no caso concreto do tránsito de accesibilidade a estación do Carballiño.

Respecto a eliminación de venta de billetes en taquilla. Agrávase a situación actual; pois en caso de algún problema ou necesitar información non se disporía de persoal de estación.

Polo que se considera a necesidade de realización do mapa interactivo de planificación de viaxes da explotación ferroviaria de Carballiño e a sua comarca, i en concreto da dotación de enlaces na Rede Convencional, orixen => destino: Ourense-Vigo-Pontevedra- Santiago- A Coruña-Ferrol-Lugo.

As líneas ferroviarias que conectan localidades e cidades. Cidades conectadas por unha rede de corta e media distancia.

Outras formas de organización necesitaríanse añadir. Esquema multi-modal de transporte de ferrocarril conectado con transporte público por carretera. Servicio de autobús en rutas de corta e media distancia, para accesibilidade do colectivo de pasaxeiros. Precisa de infraestructuras necesarias no rural tales como mellora de carreteras.

Significado de forza para o cambio social. A expansión da rede chega a ser esencial para a industrialización e crecemento social i económico, significando un impacto nas esferas de actividade económica, de distribución de mercancías e pasaxeiros.

Contribuir a proveer de boas conexións a maior parte de Galicia, axudando a incrementar a actividade económica no seo desenvolvemento local.

O transporte público, no sentido moderno da palabra en asistencia local, rexional e nacional. Considerando que o transporte ferroviario, presenta unha maior eficiencia de non emisión de contaminantes, menor cantidade por pasaxeiro transportado.

Añadindo unha nova dimensión a vida de cada día.

NOTA DA PLATAFORMA

A PLATAFORMA POLA DEFENSA DO TRANSPORTE PÚBLICO DO CARBALLIÑO COMEZA UNHA XEIRA DE REUNIÓNS COS ALCALDES DA COMARCA  PARA RECABAR O SEU APOIO

Tamén se solicitou unha xuntanza co presidente da Deputación de Ourense para tratar de unir ao ente provincial a esta loita.

                                                                                                      

Nesta semana están previstas as dúas primeiras reunións de representantes da Plataforma pola Defensa do Transporte Público do Carballiño con diferentes alcaldes da nosa comarca ca fin de tentar acadar o seu decidido apoio para seguir sumando entidades e colectivos que respalden a necesidade imperiosa de loitar por mellorar considerablemente este servizo público.

Nos últimos días, demandouse tamén unha xuntanza co presidente da Deputación Provincial para a mesma fin.