O Carballiño sobe once casos ata os 36 contaxiados. Ribadavia sobe ata os 14 casos activos

IES CHAMOSO LAMAS

A comarca do Carballiño rexistra hoxe 47 (+11) contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe once contaxio, ata os 36 casos activos. Maside sobe un caso ata os 7 contaxios. San Cristovo de Cea mantén dous casos. O Irixo e San Amaro presentan un caso cada un deles. Boborás, que tiña un caso, queda libre de covid.

No Ribeiro, Ribadavia sobre catro contaxios ata os 14 casos activos, Arnoia presenta 7 casos e Carballeda de Avia presenta cinco casos activos. Melón conta con dous casos. Avión, Beade, Cenlle e Cortegada contan cun caso activo cada un.

HIPER MASIDE

A comunidade galega rexistra hoxe 501 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa de xeito notable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 3.573, preto de 500 casos novos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 12 (=) están en UCI e 93 (+7) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 139 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 936 casos activos, 100 máis nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 24 (+5) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (+1)  na UCI.