Solicitan a Declaración de Indicación Xeográfica protexida do pemento de Punxín

Publicidade ASPADISI

As concelleiras socialistas, Lorena Peleteiro e Lourdes González, veñen de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario para pedir que se inicien os trámites para a declaración de Indicación Xeográfica Protexida do pemento de Punxín.

Dende o Grupo Municipal Socialista indican que se trata dunha medida que podería supoñer, sen dúbida, un pulo para Punxín. Segundo as concelleiras socialistas, “Punxín sempre destacou pola súa riqueza hortícola e nun momento no que se está a poñer en valor o producto de proximidade e ecolóxico, non podemos quedar sen facer nada”. A voceira socialista, Lorena Peleteiro, destaca que “temos un producto cunhas características propias e que o fan singular fronte a outras variedades, temos que comezar a poñelo en valor.

HIPER MASIDE