Tras a Reunión de Portavoces de todos os partidos o Alcalde Paco Fumega emite o seguinte
BANDO
MEDIDAS PREVENTIVAS CON MOTIVO DO COVID-19
FAI SABER:
Ante a situación creada polo COVID-19, adóptanse a partir do próximo sábado día 14 as seguintes medidas polo Concello do Carballiño, que conlevan a suspensión de todas as actividades públicas de carácter institucional, social, cultural e deportivo, e o peche daquelas dependencias que non son de atención directa ao usuario ante as recomendacións feitas polo Goberno Central e a Xunta de Galicia.
En base a ditas recomendacións, dende o concello establécense unha serie de medidas preventivas para evitar a propagación do coronavirus entre a veciñanza e no ámbito dos traballadores municipais.
Así mesmo, o Goberno local constituíu un comité de seguimento presidido polo alcalde e os seus concelleiros, o responsable da Policía Local, o secretario, o interventor e os responsables doutros servizos municipais para facer un seguimento da situación no concello en tempo real.
As medidas concretas que se establecen son as seguintes:
ÁREA DE CULTURA
Peche da Biblioteca Municipal, Casa da Cultura e Auditorio Municipal, así como suspensión das escolas de Teatro e Danza, e todas as actividades culturais, ensaios, etc.
ÁREA DE EDUCACIÓN
Peche do Conservatorio e da Escola de Musica.
Peche da Aula CEMIT.
ÁREA DE SERVIZOS SOCIAIS
Peche de Bo día familia e suspensión de cursos.
Especial seguimento dos usuarios do Servizo de Atención no Fogar.
Reforzo da Teleasistencia e seguimento especial das persoas maiores que viven soas.
ÁREA DE SERVIZOS PÚBLICOS
Suspensión da Feira do 16 de marzo
ÁREA DE DEPORTES
Suspensión de todas as actividades deportivas, escolas deportivas e peche das instalacións deportivas municipais.
ÁREA DE MEDIOAMBIENTE
Peche dos parques infantís.
ÁREA DE PERSONAL
Seguirase o protocolo destinado ao persoal empregado público.
- Posibilidade ausentarse posto traballo sempre que haxa informe sanitario.
- Habilítase posibilidade de teletraballo de ser necesario.
- Tomaranse medidas de precaución en atención ao público, co reforzo da limpeza e o mantemento de distancias de seguridade.
- Recoméndase o lavado da mans coa frecuencia que precisen os traballadores públicos.
- Disporase dunha distancia de seguridade de polo menos 1 metro co público, evitándose o contacto físico
- Tratar de controlar a afluencia de público co fin de evitar aglomeracións en zonas de espera
Manteranse abertas as dependencias de atención administrativa directa ao público, pero para evitar as aglomeracións activarase a cita previa en todos os servizos e pídese aos usuarios que eviten a cita presencial e empreguen as consultas telefónicas.
O Concello e as empresas adxudicatarias que manteñan relación contractual co concello extremarán as medidas hixiénico-sanitarias do persoal.
Estas medidas serán efectivas nun período mínimo de 15 días, podendo ampliarse ou modificarse en virtude da evolución da situación.
O Carballiño, 13 de marzo de 2020
Francisco José Fumega Piñeiro