Aumenta o Coronavirus en Ribadavia: 8 casos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

AUMENTAN OS CONTAXIOS DE CORONAVIRUS NO CONCELLO DE RIBADAVIA

Se a pasada semana o concello informaba do coñecemento de tres casos positivos de coronavirus, hoxe engade 5 mais. A Comisión de Seguimento do Covid-19 informou que a día de hoxe hai oito casos confirmados por coronavirus no concello de Ribadavia, os cales están en cuarentena, baixo o control de sanidade e con todos os protocolos de seguridade activados.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O concello prega á veciñanza que cumpra as medidas de seguridade para evitar o contaxio.

Ademais, a alcaldía, ante a extensión da pandemia, e como continuación dos diversos Decretos e Bandos ditados en datas pasadas, consideran necesario a adopción, de novas medidas  de organización no concello que axuden a evitar, na medida do posible, a propagación do coronavirus na comunidade. Por iso, o concello ditou un novo decreto que recolle a reducción, ainda mais, da atención presencial dos servizos municipais ao mínimo indispensable.

VIDEO