Os Traballadores dos centros de menores de Ourense denuncian a situacion neste estado de alarma

IES CHAMOSO LAMAS

O comité de empresa do Centro Monteledo e os representantes dos traballadores do Centro Montefiz de Ourense, denunciamos a situación que se están a dar nos centros de menores.

A xunta o día 12/3/20 a través dun protocolo conxunto para os centros de servizos sociaas (adxunto) decidiu confinar á tódolos menores nos centros prohibindo saídas ou permisos, independentemente do seu tipo ou réxime de medida. Esta situación provocou un estado de ansiedade xeralizado e progresivo entre os menores, habendo xa en Rábade un motín o 13 de marzo. Solicitóuselle á consellería de politíca social que reconsiderase esta situación, pois os nosos centros teñen características moi espercíficas e diferenciadas do resto de centros residenciais da mesma (centros de maiores, de protección á infancia, etc) ó ver que se prolongaba a situación de confinamento o día 17/3/20 (adxunto) da que non houbo sequera resposta, nen toma de decisión algunha.

HIPER MASIDE

As dirección dos centeos non contaban ata esta mesma semana cos EPIs axeitados para darlle ó persoal (só mascarillas cirúrxicas, nin FFP2 nin FFP3) e a día de hoxe, con 5 educadores de baixa co protocolo activado e unha educadora confirmada con COVID-19, seguen sen dar mascarillas, a pesares da solicitude expresa de facelo por parte dos responsables da Prevención de Riscos Laborais de ambos centro, visto o que está a suceder en moitos centros residenciais de Galicia e resto do estado español. Nin teñen cantidade suficiente nin van a entregalas ata que haxa un caso positivo entre os usuarios, polo que preveemos un contaxio masivo nos centros, entre traballadores e usuarios. Os EPIS que teñen, en cantidade insuficiente, e que non entregan, ademáis, son para os tres centros que Fundación Diagrama xestiona en Ourense: Monteledo, Montefiz e Montealegre.

Por outra banda, no citado Protocolo de actuación da Xunta estabrécense directrices moi concretas sobre a limpeza e desinfección dos centros. Estas non se cumpren pois en Monteledo, o centro con maior número de internos e traballadores, só hai persoal de limpeza de luns á venres en quenda de mañá, a pesares de solicitar expresamente dende a representación dos traballadores que se fixese pola tardes e fins de semana . Seguen sen facelo.

O día 29.3.20 xa houbo un conato de motín no Centro Monteledo. Vimos reclamando dende o día 9 de marzo (adxunto) o reforzo do persoal de seguridade no centro pois Fundación Diagrama menguou a súa presencia dende o mes de xaneiro do presente ano, en previsíon da crecente conflictividade e as máis que previsibles baixas en esta categoría profesional. En Montefiz só se pediu ampliar á xornada completa un  garda que ten xornada parcial. A dirección de ambos centros fixeron e fan oídos xordos.

Solicitóselle á dirección do centro Monteledo que pedise formalmente á Consellería de política social que permita ós menores que polo seu tipo de medida poidan ir para as súas casas pasar a corentena, e tamén ós xulgados de menores, para aliviar a tensón dentro dos centros, e poder cumprir as ratios educador/menor ante o previsible número crecente de baixas de persoal educador (a día de hoxe xa 6 educadores). De novo, oídos xordos por parte das direccións de ambos centros.

As direccións dos centros sondearon ós traballadores, e non a todos, sobre quen tiña patoloxías de risco asociadas ó coronavirus. Dende o día 28/3 no Centro Monteledo hai unha traballadora confirmada con positivo por coronavirus. Preguntada a dirección do centro sobre estes traballadores de risco o pasado día 30, din que o van a mirar. Non se lle da ningún traballador mascarilla, non se fai a desinfección axeitada, non se pode ventilar como manda o protocolo da xunta polas limitacións arquitectónicas do centro, e os traballadores con patoloxías de risco seguen traballando con absoluta normalidade.

A meirande parte dos traballadores dos centros estamos a tomar moitas máis medidas de prevención na nosa vida diaria, coas nosas familias, ás que estamos a expoñer grtuitamente, que as que nos permiten tomar nos nosos centros de traballo.

Nos próximos días é mais que previsible que toda esta situación se complique, e facemos responsables tanto á consellería de Política Social como á Fundación Diagrama das consecuencias para os traballadores.