O concello de Ribadavia aproba un borrador de plan para a reactivación do tecido empresarial

A XUNTA DE GOBERNO DO CONCELLO DE RIBADAVIA APROBA UN BORRADOR DE PLAN PARA A REACTIVACIÓN DO TECIDO EMPRESARIAL E COMERCIAL DE RIBADAVIA

O documento aprobado pola Xunta de Goberno trasladaráselle aos grupos municipais, aos establecementos asociados do Ribeiro e publicarase na web do concello para que poidan facer achegas todas aquelas persoas e colectivos que o desexen.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Xunta de Goberno do Concello de Ribadavia ven de aprobar un documento inicial para a elaboración dun Plan de apoio e Dinamización do Tecido Empresarial e Comercial de Ribadavia. A intención do goberno municipal de Ribadavia é a de que este documento sexa un documento aberto e participado, que recolla o maior número de achegas das diferentes partes implicadas nesta tarefa de reactivación da actividade económica, social e comercial do noso concello, por eso, unha vez aprobado este borrador en base aos traballos previos realizados polos técnicos municipais, vaise dar traslado do mesmo a os diferentes grupos políticos que compoñen o Pleno municipal, e aos Establecementos Asociados do Ribeiro, ademais de publicalo na web municipal para que, no plazo de unha semana, toda aquela persoa ou colectivo que o desexe poida realizar achegas, modificacións, consultas ou calquera outra apreciación que estimen oportuna para enriquecer o documento, de tal xeito que o resultado deste proceso sexa a elaboración dun documento final no que apareza reflexado un “Plan de Apoio e Dinamización do Tecido Empresarial e Comercial de Ribadavia” que conte co apoio unánime de todos os actores implicados nesta tarefa.

Tendo esto presente, o documento inicial de medidas de apoio ao tecido empresarial e comercial de Ribadavia contempla a actuación en catro liñas estratéxicas (Medidas de fomento da participación, axudas a través de subvencións, promoción do comercio local e definición dunha estratexia turística municipal en cooperación con entidades da comarca do Ribeiro), sobre as cales se van establecendo unha serie de medidas de desenvolvemento de cada unha delas. Cómpre poñer de manifesto que as medidas que se propoñen móvense dentro do ámbito competencial propio das entidades locais e para o seu desenvolvemento necesitan de dotación orzamentaria específica en moitos dos casos polo que, como traballo complementario á redacción deste plan, cómpre dotar de recursos ao mesmo, pola vía administrativamente máis acaída, en función da evolución da situación de execución orzamentaria do exercizo 2020, tendo presente que neste contexto de pandemia global e coas medidas aplicadas dende a administración central parece posible pensar que moitas das actividades programadas e orzamentadas no documento orzamentario vixente, non poderán realizarse, o que suporía poder contar con recursos económicos adicionais para a correcta dotación económica deste plan e o desenvolvemento das súas diferentes medidas.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández sinalou que “dada a situación que estamos a atravesar, cómpre poñer en marcha un plan o mais participado e aberto posible que estableza as liñas mestras polas cales deben transcorrer as políticas de reactivación económica que se fan necesarias para afrontar a situación na que nos atopamos. Queremos construir, de xeito complementario ás axudas que procedan de outras administracións, un contexto favorable para reactivar e potenciar o dinamismo do comercio local unha vez que remate o estado de alarma”

César Fernández sinalou que “unha vez rematemos o proceso de elaboración do documento final que conte co máximo consenso, tocará definir a dispoñibilidade orzamentaria coa que contaremos, para o que se fai imprescindible que se aclaren as normas no que ten que ver coa celebaración de determinados eventos culturais e lúdicos ao longo deste ano 2020, xa que isto influirá decisivamente na cantidade de recursos que se poidan mobilizar para dotar ao plan de apoio ao tecido empresarial.”

MEDIDAS DE APOIO AO TECIDO EMPRESARIAL MUNICIPAL DE RIBADAVIA

A Pandemia do COVID-19 convertiuse nunha emerxencia sanitaria a nivel global. Esta emerxencia sanitaria está transmitíndose á economía e á sociedade a gran velocidade, afectando tanto á actividade produtiva, como á demanda e ao benestar dos cidadáns. Neste contexto, a prioridade absoluta en materia económica debe consistir en protexer e dar soporte ao tecido produtivo e social para minimizar o impacto e lograr que, unha vez finalizada a alarma sanitaria, poida producirse, o antes posible, un rebote da actividade comercial e produtiva, minimizando o perverso efecto da situación que estamos a atravesar.

Neste sentido, e tendo sempre presente tanto a realidade municipal como o ámbito competencial derivado do marco lexislativo vixente, o goberno municipal mantivo contactos cos diferentes sectores implicados para recabar información de cómo esta situación está a afectar a todo o tecido comercial e empresarial de Ribadavia e, neses contactos, chegouse á conclusión da necesidade de elaborar un documento de liñas básicas sobre as que trazar unha estratexia municipal para a recuperación da actividade comercial unha vez superada a situación de estado de alarma.

A intención do goberno municipal de Ribadavia é a de que este documento sexa un documento aberto e participado, que recolla o maior número de achegas das diferentes partes implicadas nesta tarefa de reactivación da actividade económica, social e comercial do noso concello, por eso, unha vez elaborado este borrador en base aos traballos previos realizados polos técnicos municipais, darase traslado do mesmo a os diferentes grupos políticos que componen o Pleno municipal, e aos Establecementos Asociados do Ribeiro para que, no plazo de unha semana, poidan realizar achegas, modificacións, consultas ou calquera outra apreciación que estimen oportuna para enriquecer o documento, de tal xeito que o resultado deste proceso sexa a elaboración dun documento final no que apareza reflexado un “Plan de Apoio e Dinamización do Tecido Empresarial e Comercial de Ribadavia” que conte co apoio unánime de todos os actores implicados nesta tarefa.

Tendo esto presente, o documento inicial de medidas de apoio ao tecido empresarial e comercial de Ribadavia contempla a actuación en catro liñas estratéxicas, sobre as cales se van establecendo unha serie de medidas de desenvolvemento de cada unha delas. Cómpre poñer de manifesto que as medidas que se propoñen móvense dentro do ámbito competencial propio das entidades locais e para o seu desenvolvemento necesitan de dotación orzamentaria específica en moitos dos casos polo que, como traballo complementario á redacción deste plan, cómpre dotar de recursos ao mesmo, pola vía administrativamente máis acaída, en función da evolución da situación de execución orzamentaria do exercizo 2020, tendo presente que neste contexto de pandemia global e coas medidas aplicadas dende a administración central parece posible pensar que moitas das actividades programadas e orzamentadas no documento orzamentario vixente, non poderán realizarse, o que suporía poder contar con recursos económicos adicionais para a correcta dotación económica deste plan e o desenvolvemento das súas diferentes medidas.


Ditas medidas de axuda ao pequeno comercio e autónomos teñen como finalidade complementar e coordinar os plans que poñan en práctica outras administracións, como o Estado, a Xunta de Galicia, ou a Deputación Provincial de Ourense.

1.- MEDIDAS DE FOMENTO DA PARTICIPACIÓN.

–          Creación de espazos de participación online. Empregando as ferramentas dispoñibles poderán crearse este tipo de espazos na web do concello, que recollan as propostas de mellora, ou as opinións da cidadanía (enquisas, buzóns de suxestións…). Faise necesario buscar unha participación activa da cidadanía para aglutinar e recoller diferentes puntos de vista sobre as posibles solucións á situación de excepcionalidade na que nos atopamos. A necesidade de unidade de acción faise fundamental nunha situación destas características.

2.- AXUDAS DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS.

Dentro deste ámbito contémplanse diferentes tipos de axudas pero que deben camiñar sempre cara ao horizonte desexable de mantemento e potenciación da actividade, non tería sentido, e incluso sería contraproducente, habilitar liñas de axuda destinadas a paliar gastos acumulados neste período pero que non estivesen vinculadas ao matemento da actividade no futuro, pois cómpre non desviarse da idea de que debe ser estratéxica a finalidade de aumentar, hacia futuro, a actividade comercial no noso concello. Polo tanto, tendo esto presente, contemplamos as seguintes liñas de axuda que deberán dotarse económicamente en función da dispoñibilidade orzamentaria:

–          Destinadas ao mantemento e/ou posta en marcha da actividade empresarial, poderían definirse axudas para:

o   Gastos estruturais e de funcionamento correntes (alugueiros de locais, aprovisionamento de existencia, suministros, comunicacións..). Por exemplo, un criterio para concedelas poderían ser os gastos e inversions realizados nos dous ou tres meses anteriores á situación de estado de alarma, establecendo un máximo de axuda por empresa.

-Primaranse as axudas á autónomos, pequeno comercio, calquera que sexa a súa entidade xurídica e aqueles sectores afectados polo peche obrigatorio e ter domicilio fiscal en Ribadavia.

-Serán compatibles coas axudas convocadas por calquera outra administración (estatal, autonómica).

o   Axudas para adecuar os servizos aos requerimentos do COVID –19, anticipándose ao levantamento progresivo do estado de alarma.

o   Bonificacións e exencións en impostos e taxas municipais, sempre de acordo coa normativa legal vixente.

Retrasar o cobro de impostos ou taxas (dependendo da tipoloxía)

§  Eximir o pago de taxas por “inactividade” ( por exemplo, ocupaciónd a via pública con mesas e cadeiras).

3.- PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL.

Definiranse campañas de promoción e publicidade encamiñadas a dinamizar o comercio e a economía local:

o   A través da web e redes sociais do concello poñeranse en marcha diferentes campañas que fomenten o consumo no comercio local. Dentro deste ámbito será importante colaborar dende o concello, na medida do que demanden dende o tecido comercial e produtivo, a creación e posta en marcha de ferramentas globais de comercio electrónico, creando se fora preciso un centro comercial virtual en Ribadavia.

o   Promoción de cadeas curtas de subcontratación. Fomentar o consumo de bens e servizos locais.

§  Os establecementos de restauración ou aloxamentos, deberían implicarse no consumo de produtos locais e de proximidade (por exemplo, o Viño, que se xa da D.O Ribeiro e non darlle prioridade a outras D.O.).

§  Organización de eventos,

§  Deseño e comunicación.

§  Catering.

O Concello deberá aplicar este criterio nas contratacións de servizos externos.

o   Inversión en posicionamento web e rr ss do concello, unha vez que se inclúa toda a información relativa aos bens e servizos que se poden atopar no concello de Ribadavia co obxecto de incentivar o consumo.

o   Pódese promover con formación si fora posible entre o empresariado a creación de tendas online e incluír algunha axuda para a implantación da mesma. Unha vez creada, o Concello axudará á súa promoción.

o   Elaboración e difusión de material promocional do Concello e os seus principios diferenciadores.

4.- DEFINCIÓN DUNHA ESTRATEXIA TURÍSTICA MUNICIPAL EN COOPERACIÓN CON ENTIDADES DA COMARCA DO RIBEIRO.

Ribadavia é unha vila turística que debe definir unha estratexia para recuperar aos visitantes que tamén van a contribuír á dinamización local.

O turismo vai ser un sector moi afectado por esta crise. Unha vez que se levante o estado de alarma, debe traballarse por unha banda en incentivar ao turista a saír da súa casa e unha vez que sae motivalo a visitar Ribadavia, en particular e O Ribeiro en xeral.

Todo indica que o turismo vaise mover en entornos de proximidade, polo que temos que ter en conta esto a hora de difinir a Estratexia que imos empregar, ademais, debemos implicar a outras entidades que van a traballar para promover o turismo na Comarca:

–          Xeodestino Ribeiro – Carballiño.

–          Ruta do Viño do Ribeiro.

–          Asociación Camiño Miñoto – Ribeiro.

–          GDR Ribeiro Carballiño (de cara ao novo periodo de programación no presuposto da UE).