O persoal do Centro Saúde de Ribadavia da negativo na proba do coronavirus

IES CHAMOSO LAMAS

OS SETE TRABALLADORES DO CENTRO DE SAÚDE DE RIBADAVIA QUE UTILIZARON AS MASCARILLAS DEFECTUOSAS ENVIADAS POR O GOBERNO DAN NEGATIVO NA PROBA DO CORONAVIRUS

O centro de saúde do Carballiño non recibiu ningunha mascarilla desta partida defectuosa

HIPER MASIDE

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras completou o sábado o primeiro cribado sistemático de posibles infeccións por COVID-19, mediante test rápidos de anticorpos, aos 1.313 profesionais desta Área Sanitaria que empregaron as máscaras defectuosas enviadas polo Ministerio de Sanidade, que permitiron desvelar 28 casos positivos asíntomáticos.

A distribución deste tipo de equipos fíxose de xeito centralizado por parte do Ministerio de Sanidad ás distintas Comunidades Autónomas, quen á súa vez, as distribuíron aos distintos centros sanitarios. No caso da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, o número de máscaras recibidas, desta marca de modelo, foi de 3.800, das cales foron retiradas e substituídas un total de 2.457. 1.343 máscaras non foron recuperadas, o que motivou está actuación preventiva sistemática.

Aos 28 profesionais con resultados positivos no test indicouselles illamento domiciliario baixo seguimento.

VIDEO