A BIBLIOTECA MUNICIPAL ELABORA UN VIDEO CUN CONTO SOBRE A MASCOTA DA SECCIÓN INFANTIL “O POLBIÑO MARTIÑO” CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, O 23 DE ABRIL, E COMO COMPLEMENTO DUNHA UNIDADE DIDÁCTICA DO CPI TERRAS DE MASIDE
Con motivo da celebración o 23 de abril do día Internacional do Libro, así como dunha proposta do profesorado do CPI Terras de Maside, a Biblioteca Pública Municipal elaborou un video cun conto promocional da mascota da sección infantil da biblioteca “O Polbiño Martiño”.
Este vídeo, que poderá verse na web do CPI Terras de Maside, así como no facebook da biblioteca municipal, a partir do 23 d abril, complementa unha unidade didáctica deste centro educativo de Maside, que celebrou o entroido pasado coa temática da Festa do Pulpo do Carballiño.
VIDEO