O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos Pérez, veñen de asinar un acordo bilateral para o financiamento das obras de reforma do centro de saúde.
O investimento ascende a 14.464,92 euros. O conselleiro agradeceu a boa disposición do alcalde e o papel de intermediación do Delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, para poder asinar este convenio co tempo suficiente para que se poida licitar e executarse a obra en prazo.
As obras, consistirán na reparación de persianas e estores interiores das xanelas, a substitución de peches das carpinterías de aluminio danadas, o pintado de parámetros verticais e horizontais, da fachada exterior, o peche frontal e a substitución e mellora da iluminación de entrada ao centro.
VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV
