O SPORTING CARBALLIÑO RENUNCIA A UN TERCIO DA SÚA SUBVENCIÓN ASIGNADA PARA ESTE ANO
A Directiva do Sporting Carballiño emitiu un comunicado no que din que dada a extraordinaria situación que estamos a vivir e o apoio que sempre recibiu de moitos establecementos locais dende que se refundou o clube no 2012, considera que debe aportar algo, dentro das súas posibilidades, para colaborar no futuro máis inmediato coa situación da vila e moitos veciños.
Conscientes de que a nosa actividade non se pode considerar prioritaria nestes intres, e a falta da aprobación definitiva duns presupostos locais nos que se recollía unha subvención anual de 3.000€, neste intre renunciamos á terceira parte desta subvención a favor da industria, comercio e hostelería locais nas medidas que considere oportunas o actual Goberno, de acordo cos diferentes sectores.
Aínda non sabemos cómo nin cando rematará a nosa tempada, nin os gastos que teremos que afrontar…pero consideramos importante aportar o noso grao de area, aínda que supoña un esforzo a futuro para a nosa actividade deportiva.
Esta medida xa foi comunicada á Concelleira de Deportes, Silvia Baranda á espera da súa concreción na modificación dos Presupostos, agradecendo a actitude do clube nestes momentos.
VIDEO