A Feira do viño do Ribeiro organiza un concurso de ” Brinde virtual con viño Ribeiro “

A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO ORGANIZA UN CONCURSO DE “BRINDE VIRTUAL CON VIÑO RIBEIRO”.O Concello de Ribadavia, coa colaboración do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, prepara unha fin de semana virtual de actividades realcionadas coa promoción e a difusión do viño do ribeiro. O punto de encontro serán as redes sociais onde daremonos cita para celebrar a edición número 57 da Feira do Viño do Ribeiro que, de non ser pola emerxencia sanitaria, estaría celebrándose esta mesma fin de semana.A FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO ORGANIZA UN CONCURSO DE “BRINDE VIRTUAL CON VIÑO RIBEIRO”.

Dentro do programa desta celebración virtual haberá actividades coma un brindis colectivo con viño do Ribeiro co hasta #FVRvirtual, e catas comentadas por parte de adegas e coleiteiros da D.O. Ribeiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Haberá incluso un concurso con premios de aloxamento en hoteis durante unha fin de semana, ceas para dous, degustacións de viños, circuitos termais e caixas de viño. Ata este domingo 3 de maio ás 00:00h, poderedes participar neste concurso. Para facelo, só tendes que enviar unha foto por WhatsApp ao número de teléfono 698.169.550 facendo un brinde con viño do Ribeiro, a cal será publicada no Facebook da Feira do Viño do Ribeiro a partir de mañá, día de inauguración da feira. Obterán os premios as fotos que consigan máis “Gústame” ata o domingo 10 de maio. O martes día 12 de maio publicaranse os/as gañadores e s premios serán entregados o primeiro día da próxima edición da Feira do Viño do Ribeiro.