BOP Bases reguladoras e convocatoria para a concesión de subvencións a traballadores autónomos e pequenas empresas da provincia afectados pola crise do COVID-19

ARQUIVO CO BOP

BDNS(Identif.):506097
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b y 20.8.a da Lei
38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o
extracto da convocatoria das bases reguladoras e convocatoria
para a concesión de subvencións en especie (hospital de emprendedores)
a traballadores autónomos e pequenas empresas da provincia
afectados pola crise do COVID-19 cuxo texto completo se
pode consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Beneficiarios:

AVANTAR ACTIVIDADES
  1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas
    maiores de 18 anos que cumpran os seguinte requisitos:
    a) Ser traballadores autónomos, incluídos no réxime especial
    de traballadores autónomos ou no sistema especial para traballadores
    por conta propia agrarios, figurando dados de alta no
    imposto de actividades económicas. Para estes efectos, entenderanse
    incluídos todos os traballadores aos que se refire o
    artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo
    autónomo, coa excepción dos autónomos colaboradores aos
    que se refire o apartado 3 desta base. Entenderanse excluídas
    as persoas físicas que se atopen nos supostos previstos no artigo
    2 da dita lei.
    b) Exercer unha actividade económica con carácter empresarial,
    profesional ou artística por conta propia nun municipio da
    provincia de Ourense. Entenderase que unha actividade económica
    se exerce con carácter empresarial profesional ou artístico
    cando supoña a ordenación por conta propia de medios de
    produción ou de recursos humanos, ou dun de ambos dous, coa
    finalidade de intervir na produción ou distribución de bens ou
    servizos. Entenderase que a actividade se exerce nun municipio
    determinado cando o domicilio da actividade estea situado no
    dito termo municipal. Considerarase como domicilio da actividade
    económica o que figure na matrícula do imposto de actividades
    económicas.
    c) Ter recoñecida a prestación extraordinaria por cesamento
    de actividade prevista no artigo 17 do Real decreto lei 8/2020,
    do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para
    facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.
  2. Igualmente poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou
    xurídicas ou as entidades sen personalidade xurídica que cumpran
    os seguintes requisitos:
    a) Exercer unha actividade económica na provincia de
    Ourense, figurando dados de alta no imposto de actividades
    económicas.
    Entenderase que a actividade se exerce nun municipio determinado
    cando o domicilio da actividade estea situado no dito
    termo municipal. Considerarase como domicilio da actividade
    económica o que figure na matrícula do imposto de actividades
    económicas.
    b) Tratarse de pequenas empresas que teñan un número de
    traballadores inferior a cinco persoas na data 14 de marzo de
    2020.
    c) Que a súa facturación, para efectos do IVE durante o período
    do 14 de marzo ao 30 de abril de 2020, se vise reducida nun
    50 % ou máis con respecto á facturación media do exercicio
  3. Para estes efectos, a acreditación deste requisito realizarase
    mediante a comparación entre a facturación para os
    efectos do IVE realizada no 2019 declarada ante a Axencia
    Estatal Tributaria (dividida entre 12 e multiplicada por 1,5) e a
    facturación correspondente ao período entre o 14 de marzo e o
    30 de abril de 2020 resultante do libro rexistro de facturas emitidas
    do solicitante.
  4. Non poderán ser beneficiarios das subvencións previstas
    nestas bases os traballadores autónomos colaboradores.
    Considéranse autónomos colaboradores, para estes efectos, o
    cónxuxe e os familiares ata o segundo grao por consanguinidade,
    afinidade ou adopción que convivan co traballador autónomo
    titular da actividade económica, realicen traballos
    retribuídos para este e non teñan a consideración de traballadores
    por conta allea conforme ao artigo 1.3.e) do Estatuto
    dos traballadores.
    Segundo. Obxecto:
    Constitúe o obxecto destas bases a regulación da concesión,
    pola Deputación Provincial de Ourense, de subvencións en
    especie a traballadores autónomos e pequenas empresas que
    exerzan actividades empresariais na provincia de Ourense.
    A subvención consistirá na posta a disposición dos beneficiarios,
    de xeito gratuíto, dun espazo consistente nun posto de oficina,
    dotado de acceso a internet e mobiliario básico, situado
    no inmoble de titularidade provincial denominado Centro
    Cultural Marcos Valcárcel, localizado na rúa Progreso, nº 30
    (Ourense).
    A duración da cesión rematará na data 31.08.2020 e o horario
    establecido para o uso dos espazos cedidos será de 08.30 a
    14.00 horas e de 16.00 a 20.00, de luns a venres, agás festivos.
    Terceiro. Bases reguladoras:
    A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense
    adoptou, na súa sesión ordinaria do día 14 de maio de 2020, o
    acordo de aprobación das bases reguladoras e convocatoria
    para a concesión de subvencións en especie (hospital de
    emprendedores) a traballadores autónomos e pequenas empresas
    da provincia afectadas pola crise do COVID-19
    Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes:
    O prazo de presentación de solicitudes, contado a partir do
    día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín
    Oficial da Provincia, manterase aberto ata a data que se esgoten
    os corenta (40) espazos dispoñibles, pechándose en todo
    caso o 01.08.2020.