A Deputación de Ourense garda un minuto de silencio polas vítimas do Covid-19

Minuto de silencio dos traballadores da Deputación Ourense polos mortos da pendemia do Covid. Asiste Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense) acompañado por políticos e traballadores da Institución.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto con membros da corporación provincial e traballadores da institución provincial, uníronse ao minuto de silencio convocado polo Goberno en memoria das vítimas do Covid-19. Manuel Baltar presidiu este acto, celebrado ás portas do Pazo Provincial, en sinal de profundo respecto polos falecidos como consecuencia desta pandemia do coronavirus. Leste foi o primeiro acto de homenaxe ás vítimas do Covid-19 convocado polo Goberno e dentro do loito oficial de 10 días aprobado polo Consello de Ministros.

Manuel Baltar lembrou que a Deputación de Ourense aprobou no pleno do pasado mes de abril a declaración de loito oficial na provincia por mor dos falecementos provocados polo coronavirus, dita declaración estenderase desde a súa aprobación até o fin da pandemia na provincia de Ourense. Xa no seu momento, o presidente do goberno provincial sinalou que se trataba dun xesto simbólico de compaixón pola dor da nosa xente e de todas as persoas que sofren con esta pandemia .

AVANTAR ACTIVIDADES