San Cristovo de Cea volve gradualmente á normalidade

IES CHAMOSO LAMAS

O concello de Cea ven de anunciar que despois de mais de 70 días en estado de alarma, logo de entrar nunha fase na que a movilidade comeza a ser menos restrinxida e por consello do Servizo Provincial de Emerxencias, haberá cambios para tratar de volver á normalidade na medida do posible.

A frecuencia das desinfeccións diminuirá en exteriores de establecimientos comerciais e manterase no Centro de Saúde e Residencia A Saleta.

HIPER MASIDE

A entrega de alimentos e mediciñas manterase pero só por causas de necesidade xustificada.

A Impresión de Tarefas Escolares deberá ser recollida no Concello en horario de 9 a 14 horas.

Os diplomas dos nenos, seguiranse imprimindo e levando ao domicilio.

A máquina de ozono sigue estando a disposición daqueles establecementos ou profesionais do transporte que así o requiran.

O concello agradeceu unha vez mais o comportamento responsable de todos, pero advirte do deber de seguir sendo estrictos nas medidas de contención do covid19.

VIDEO