A Xunta informa que leva enviadas case 1,6 m de unidades de material de protección individual a 177 centros sociais da provincia de ourense

poli-provi-material

A Xunta informa que leva enviadas case 1,6 m de unidades de material de protección individual a 177 centros sociais da provincia de ourense nun total de nove entregas durante o estado de alarma

En total, foron 433.530 luvas, 467.860 máscaras, 19.521 batas, 3.465 mandís, 26.100 gorros e 40.200 calzas, así como diverso material de produtos de desinfección e limpeza, repartidos entre 106 centros de maiores, discapacidade, menores, mocidade, igualdade e inclusión.

AVANTAR ACTIVIDADES


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, subliña que o Goberno galego desde o inicio da declaración da pandemia quixo garantir a idónea protección dos profesionais que traballan nestes centros sociais na atención e coidado dos colectivos máis vulnerables ao contaxio por coronavirus.