O Delegado Territorial Gabriel Alén reúnese coa presidenta da CEO, a carballiñesa Marisol Nóvoa

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo hoxe no seu despacho unha xuntanza coa presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), Marisol Nóvoa,  e outros membros da xunta directiva.

Esta reunión enmárcase na rolda de contactos iniciada por Alén Castro tras a súa toma de posesión cos representantes das principais institucións ourensás. Durante o encontro, o representante do Goberno galego trasladoulle á representante da organización empresarial que a Xunta co obxectivo de reactivar a economía “seguirá traballando para mandar unha mensaxe de estabilidade e de confianza, para seguir creando emprego, para seguir creando empresas e para outorgar confianza aos investidores”, asegurou. Gabriel Alén incidiu na necesidade do diálogo permanente e do traballo conxunto para afrontar os retos impostos pola pandemia e lograr, deste xeito, o impulso e reactivación da economía da provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES