O ‘6º Trofeo Terras de Orcellón’ convoca esta fin de semana a 30 clubs de patinaxe artística no Paco Chao

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O ‘Trofeo Terras de Orcellón’ de grupos show de patinaxe artística acada a súa sexta edición os vindeiros días 4 e 5 de xullo, dende que no lonxano 2018 o Club Aehde puxera en marcha o evento dun xeito moi sinxelo. Nesta oportunidade serán 30 os clubs que compitan no polideportivo Paco Chao en nove categorías diferentes ao longo da vindeira fin de semana.No evento organizado polo Aehde participan clubs de todas as provincias galegas un dato que fala do crecemento da disciplina en toda Galicia aínda que a fachada atlántica se leve a palma.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

En total serán 46 coreografías interpretadas por un total de 501 patinadoras/es. O club anfitrión participa con sus tres grupos de show actuais: o de categoría nacional, o de Segunda categoría e o de iniciación, que será o primeiro en entrar en acción na tarde do sábado, día 4, data de inicio da competición. O sábado será o turno das categorías de iniciación, grandes e pequenos, grupos júnior, cuartetos
promocionais e grandes promocionales, mentres o domingo, día 5, será a quenda dos grupos pequenos de Primeira e promocionais, así como os cuartetos júnior e os cuartetos sénior.

O ‘Trofeo Terras do Orcellón’ pecha a tempada de grupos show en Galicia logo de catro meses moi intensos que se iniciaron co Campionato Galego de Primeira categoría. O trofeo será xulgado por xuíces da Federación Galega pola sistema ‘White’.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------