900 persoas participarán na segunda onda do estudo epidemiolóxico de seroprevalencia

IES CHAMOSO LAMAS

Preto de 900 persoas das comarcas do Carballiño e o Ribeiro participarán voluntariamente na segunda onda do estudo epidemiolóxico de seroprevalencia do covid19 que realiza o Sergas

Sanidade realizará ao redor de 50.000 tests neste nesta segunda onda do estudo cuxa primeira fase realizouse no pasado mes de abril. O Instituto Galego de Estadística encargouse de elaborar unha mostra representativa da comunidade galega.

HIPER MASIDE

Con este análise, a Consellería de Sanidade estimará a prevalencia da inmunidade fronte o COVID-19 dun xeito mais amplo porque poderá comparlo cos resultados da primeira onda na que Galicia non chegou ni 2% de inmunidade, lembremos que o conxunto do estado acadou nun estudo similar o 5% de seroprevalencia. E dicir, a circulación do virus en Galicia foi moi baixa a pesar de que a provincia de Ourense é a que ten a seroprevalencia mais alta das catro provincias.

VIDEO

A citación as probas comezou onte mediante chamada telefónica. No Carballiño comezarán a realizar os tests o vindeiro luns para o que se instalará xunto ó ambulatorio unha carpa para realizar as probas e no mesmo día coñeceránse os resultados.