Espazo Común: “As axudas a comercio, pemes e autónomos presentadas polo goberno do Carballiño semellan pensadas para non darse”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Demandamos ao alcalde Fumega e ao seu equipo que fagan un oco na súa intensa axenda de festas e pelotazos para centrarse na elaboración dunhas bases sinxelas, xustas e rápidas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A andrómena de catro liñas anunciadas é farragoso, confuso e solápase coas doutras administracións.

É inaceptable o retraso na publicación das bases para que moitos afectados queden, de progresar esta proposta, fóra dos supostos subvencionables.

Nos pasados días publicouse a idea de bases para adxudicacións das axudas para os afectados pola crise do COVID-19 que ten en mente o alcalde Fumega.

Tristemente e como lle manifestamos cando nos anticipou algunhas pinceladas na reunión de voceiros á que fomos convocados, están moi lonxe de ser adecuadas ao contexto actual.

Axudas coma as do alugueiro ou a adquisición de equipamento informático solapanse con liñas coas que xa contan goberno central ou Xunta de Galicia.

Asemade, no seu prantexamento, para recibir as axudas, os afectados terían que acometer gastos na meirande dos casos innecesarios e que agora mesmo non se poden permitir.

Son tamén moitos os profesionais que non terían posibilidade de acollerse a ningún dos supostos que se anuncian, por carecer de local, por non precisar equipamento informático ou por non mercar unha cantidade industrial de produtos sanitarios.

Despois de ir vendo como Deputación ou entes modestos coma o Concello do Irixo xa publicaron as bases para as súas axudas hai semanas, faise inaceptable o retraso que se está a dar no Concello do Carballiño.

Demandamos ao alcalde Fumega e ao seu equipo que fagan un oco na súa intensa axenda de festas e pelotazos para centrarse na elaboración dunhas bases sinxelas, xustas e rápidas.

A economía local precisa dese osíxeno xa.