O Concello de Cea adianta novas normas de uso da piscina municipal

Haberá unha porta de acceso e outra de salida, aforo limitado, protocolo de desinfección e hixiene, distancia de seguridade, sinalización…

As piscinas municipais están a prepararse para unha próxima apertura seguindo un estricto protocolo de seguridade, que será de obrigado cumprimiento e que suporá un esforzo por parte de todos.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Como xa anunciamos, este ano, para poder acceder hai que facer un carné (empadroados e vivendas de verán) e acatar unhas normas para tranquilidade de todos.

Esta semana publicaremos esas normas, á vez que insistimos na necesidade de facer o carné en tempo para que nadie quede sen poder acceder.

Nas oficinas municipais, no enderezo electrónico cultura@concellodecea.com ou no whatsapp (672122300) podes solicitalo enviando nome completo, dirección, teléfono de contacto e unha fotografía.

Os carnés solicitados antes do pasado xoves están dispoñibles nas oficinas municipais para a súa retirada.