O Concello do Carballiño fai un recordatorio do cumprimento das medidas de protección fronte o covid19

A petición da consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, recórdase a importancia de reforzar e vixiar o cumprimento das medidas de protección fronte a transmisión do coronavirus, entre outras:

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES


?A normativa pola que se regulan as condicións para o uso obrigatorio da mascarilla durante a situación de crise sanitaria ocasionada que establece a obrigatoriedade do seu uso na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos dous metros, vense de ampliar hoxe incluso despois do estado de alarma xa que o Consello de Ministros aprobou hoxeol Real Decreto Ley que regulará a saida do estado de alarma e a “nueva normalidad” tras a pandemia do coronavirus. As máscaras seguirán sendo obrigatorias e que haberá sancións de ata cen euros para quen non cumpra dita obrigación en espazos pechados.

?E, finalmente, é preciso o control das persoas procedentes doutras CCAA cunha situación epidemiolóxica diferente á galega, que acceden ás súas segundas residencias localizadas dentro da CCAA de Galicia. Existe información de que isto se está a producir, especialmente en determinados concellos turísticos. Este comportamento, fora da legalidade vixente no momento actual, está a constituír un risco potencial de transmisión do coronavirus e supón unha ameaza para o control epidemiolóxico da pandemia no noso territorio. Segundo a policía local, a única forma de controlar isto é a través de controis de vehículos

No Carballiño xa prácticamente non se fan eses controis de tráfico que se facían durante o confinamento, a boa evolución da pandemia que significou o relaxación das restriccións fixo tamén que os axentes se dedicaran a outras tarefas tamén apremiantes deixadas nun segundo plano durante o confinamento.