O PP pretende saber a intención real do goberno municipal socialista para un proxecto de consenso no noso parque .

Fai 1.526 dias (4 anos, 2 meses e 4 días), aprobouse a urxencia de facer un concurso de ideas para o parque municipal.

No pleno de data 7 de abril de 2016 aprobouse por unanimidade a moción presentada polo Grupo Popular sobre a URXENCIA DO CONCURSO DE IDEAS DO PARQUE MUNICIPAL DO CARBALLIÑO.

Dende aquela data, e logo de facer pouco ou nada, tivemos que esperar a unha comisión informativa de Medio Ambiente celebrada o 3 de outubro de 2017, onde se nos presentou un avance do PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS e ADMINISTRATIVAS DO CONCURSO DE PROXECTOS, CON INTERVENCIÓN DE XURADO, PARA A ORDENACIÓN E MELLORA INTEGRAL DO PARQUE MUNICIPAL DO CARBALLIÑO.

Publicidade Premer na Imaxe

Desa reunión e tal como se solicitaba na propia comisión informativa, fixábase un prazo para facer aportacións de mellora deste pregos técnicos e administrativos, e dentro dese prazo, o Grupo Popular, con data do 9 de outubro do 2019 fixo 19 aportacións para que se puidesen ter como adaptadas, e se lle dise saía a este concurso.

Pois dende esas datas, non se decidiu nada ao respecto, e neste momento que estamos 1.526 DÍAS dende que aprobamos a URXENCIA de sacar este concurso de ideas, seguimos á espera do mesmo e preguntando insistentemente pleno tras pleno, sen ter unha contestación clara.

Para o Grupo Popular, este concurso de ideas de como revitalizar o noso Parque Municipal faise imprescindible e fai falta saber do compromiso real do goberno Municipal do Carballiño, pois alomenos é necesario saber si segue sendo unha pretensión, ou  se pola contra esgota esta posibilidade aprobada no seu día.

E polo que, por parte do Grupo Popular do Concello do Carballiño pretendese saber no seguinte pleno co debate das seguintes propostas: 

COMPROMISO para realizar o Concurso de ideas para a ordenación e mellora do Parque Municipal do Carballiño.

COMPROMISOde que o concurso de ideas estea convocado antes do 30 de outubro de 2020.

COMPROMISO de que non se faga ningunha intervención, máis alá do seu mantemento, no ámbito do concurso, antes de ter aprobado o mesmo, para que non sexa contrario ao resultado do proxecto gañador.