Ribadavia aprobará hoxe as bases das axudas sociais ás que destinarán 20.000 euros

A corporación de Ribadavia reúnese hoxe en sesión plenaria, dende as 19:00 horas. O principal punto do día é a aprobación das bases para as axudas sociais. O concello destinará unha partida de 20.000 euros destinados á axudar as familias necesitadas ca alimentación, a vivenda, produtos de hixiene, luz, auga e calefacción.

Publicidade

Os outros puntos do día son a prórroga do contrato de saneamento e abastecemento de auga municipal, unha modificación orzamentaria para participar nos fondos do ISAE para o cambio de luminarias, a modificación da ordenanza de tráfico e o acordo para solucionar a situación dos inmobles propiedade do concello no casco histórico.

ORDE DO DIA DO PLENO