O cine clube seguirá cas proxeccións habituais en Setembro

 Dende o Cine Club Carballiño queremos comunicarvos que depois de diversas deliberacións e dúbidas decidimos retrasar ata setembro as nosas proxeccións habituais dos venres no Auditorio Municipal Manuel María. Como sabedes, a última proxección foi o día 6 de marzo, a partir desa data xa non poidemos proxectar máis. Cremos que o máis prudente de momento é esperar a que se normalice toda a situación sanitaria, desexando que en setembro poidamos voltar ao noso traballo habitual. Estamos preparando a nosa volta para primeiros de setembro, tan pronto o Auditorio estea libre e en condicións axeitadas de seguridade.

En canto ao verán, faremos un ano máis Flores de Cine, no mes de xullo, en datas que estamos a concretar xa que dado que vai haber varias sesión de cine ao aire libre a cargo do Concello ímonos coordinar con eles para que as nosas ofertas sexan complementarias. Cando teñamos pechadas datas e películas mandarémosvos máis información.

Por último, como medida de axuda e solidariedade cos máis de 50 socios colaboradores que nos apoian economicamente cada ano, independentemente de como se viran afectados polo Covid-19, decidimos AGASALLAR a cota de 30€/ano a ditos socios da vindeira tempada 2020-2021 mantendo a publicidade que facemos nas fichas dos filmes.

Publicidade Premer na Imaxe