Nota do Concello sobre campamentos xuvenís

Ábrese hoxe o prazo para solicitar os campamentos xuvenís de verán da Xunta de Galicia

A RESIDENCIA DO TEMPO LIBRE ACOLLERÁ DOUS CAMPAMENTOS DE ARTE E TECNOLOXÍA EN XULLO E AGOSTO

AVANTAR ACTIVIDADES

O DOG publicou onte a convocatoria para solicitar plaza nos campamentos xuvenís de verán da Xunta de Galicia. O plazo para presentar as solicitudes comeza hoxe martes, 16 de xuño, e rematará o mércores, 24 de xuño.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Así, na área de Cultura e Xuventude do concello do Carballiño pódense tramitar as solicitudes de xeito presencial, solicitando cita previa por teléfono neste departamento municipal.

RESIDENCIA DO TEMPO LIBRE

Na orde publicada no DOG aparece a Residencia do Tempo Libre do Carballiño, como un dos lugares nos que se van a desenvolver estes campamentos. Así, terán lugar dous campamentos de Arte e Tecnoloxía para mozos e mozas nados nos anos 2009, 2010 e 2011, que se celebrarán en dúas quendas: unha, do 19 ao 26 de xullo, e outra, do 28 de xullo ao 4 de agosto.