Emilio González visita cos mandos policiais as instalacións dos postos de control fronteirizo

Posto fronterizo
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Durante o día de hoxe, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, xunto co xefe superior da Policía Nacional en Galicia, José Luis Balseiro, e co comisario xefe provincial, Juan Carlos Blázquez, visitaron as instalacións dos postos de control fronteirizo en Verín-Feces de Abaixo e Calvos de Randín para comprobar o traballo que están a realizar os diferentes efectivos de vixilancia e control terrestre da fronteira.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No encontro, avaliáronse as medidas de control para a circulación entre as rexións transfronteirizas e que afectan á actividade laboral de traballadores e ao fluxo comercial entre Galicia e Portugal. De acordo á información proporcionada, o posto fronteirizo de Verín-Feces de Abaixo facilitou nos días máis concorridos o tránsito dunhas 2.000 persoas. A mediodía de hoxe o fluxo contabilizado era dunhas 700 persoas aproximadamente.

Durante a tarde tamén se desprazaron ata o posto fronteirizo entre Calvos de Randín e Tourém, que permanece aberto dende o 1 de xuño, dous día á semana en horario de de 6,00 a 8,00 e de 17,00 a 19,00 horas, e que conta cun menor fluxo de mobilidade.

O subdelegado do Goberno destacou que durante todo este período a normalidade e os desprazamentos con causa xustificada supuxeron a tónica xeral en ambos pasos fronteirizos.