O luns retomanse as clases da Escola Municipal de tenis, que quedaron interrumpidas durante o confinamento a causa da covid-19

Retómase a actividade no pavillón municipal de deportes con adestramentos de equipos e escolas municipais. Procedeuse á desinfección das pistas e dende onte as instalacións do pavillón municipal de deportes Paco Chao permanecerán abertas, retomándose a actividade deportiva.

Para usar as pistas do pavillón é preciso solicitar previamente a quenda correspondente chamando ao teléfono do concello 988 530007.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta semana abriuse so pola tarde, pero a partir do próximo luns será tanto de mañá como de tarde.

O luns, como deciamos tamén se retomarán as clases da escola municipal de tenis, que quedaron interrumpidas durante o confinamento a causa da covid-19.