MITIN do PPdeGA EN SAN CRISTOVO DE CEA ás 19.00 no Campo da Saleta Con José Luis Valladares, Miguel Santalices, Ethel Vázquez, e Manuel Baltar

EN SAN CRISTOVO DE CEA E ESGOS

Manuel Baltar pide unha nova maioría para Feijóo “porque se nalgún momento necesitamos un liderado forte, sólido e único é este”

  • “Os ourensáns e todos os galegos temos a oportunidade de lanzar unha mensaxe ao resto de España dicíndolle que as maiorías absolutas só se conseguen tendo un líder único cun pobo detrás, non representantes políticos que, como en Ourense, atenten contra os intereses xerais da provincia e os daqueles que xeran emprego e moven a economía”, dixo o presidente provincial popular.
  • Miguel Santalices, número dous da candidatura por Ourense, afirmou que “asumimos o compromiso de estar á altura do que esperan de nós os ourensáns, no plano político e mesmo no plano persoal, porque alí onde esteamos representaremos a toda unha provincia”.

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, reclamou hoxe unha nova maioría para Feijóo porque, segundo afirmou, “se nalgún momento necesitamos un liderado forte e sólido é este, e o presidente dos populares galegos e da Xunta representa ese liderado que nos indica o camiño a seguir, que planifica e ten visión de futuro”.

MITIN do PPdeGA EN SAN CRISTOVO DE CEA ás 19.00 no Campo da Saleta Con José Luis Valladares, Miguel Santalices, Ethel Vázquez, e Manuel Baltar

En San Cristovo de Cea e Esgos, onde esta tarde o PP de Ourense centrou a súa campaña electoral, Manuel Baltar insistiu en que “non haberá acto máis seguro que ir a votar o 12 de xullo, máis aínda que calquera actividade cotiá, porque para iso están os estritos protocolos dispostos pola administración autonómica e pensados para garantir os fluxos dos votantes ou a seguridade dos maiores”.

En todos os procesos electorais, o PP ourensán sempre fixo unha constante chamada á participación, lembrou Baltar, “e a veciñanza está concienciada delo porque sempre fomos a provincia con maior participación, o que lexitima aínda máis os nosos resultados”.

“Procuramos o 70 % de participación, máis do 50 % de apoio electoral e nove representantes ourensáns no Parlamento galego; estes son os nosos obxectivos e sempre os poñemos sobre a mesa  nun exercicio de transparencia que non fai ninguén”.

Manuel Baltar espera que as propostas que estes días están a presentar os populares reciban a confianza maioritaria “nunha provincia que xa é a que maior apoio electoral obtén de calquera forza política en calquera das 52 circunscricións electorais de toda España”.

Conseguindo estes obxectivos, “os ourensáns e todos os galegos temos a oportunidade de lanzar unha mensaxe ao resto de España dicíndolle que as maiorías absolutas só se conseguen tendo un líder único cun pobo detrás, non representantes políticos que, como en Ourense, atenten contra os intereses xerais da provincia e os daqueles que xeran emprego e moven a economía”.

En Galicia, engadiu, “temos un candidato e un líder, Feijóo, que representa á única das dúas maiorías absolutas que hai no mapa autonómico de España, e ten a un gran pobo ao seu carón”.

MIGUEL SANTALICES: “ASUMIMOS O COMPROMISO DE ESTAR Á ALTURA DO QUE ESPERAN DE NÓS OS OURENSÁNS”

En san Cristovo de Cea e Esgos, coa compaña de Ethel Vázquez, falou hoxe o número dous da lista, Miguel Santalices, que no nome dos seus compañeiros afirmou que “asumimos o compromiso de estar á altura do que esperan de nós os ourensáns, no plano político e mesmo no plano persoal, porque alí onde esteamos representaremos a toda unha provincia”.

Aínda que hoxe toma protagonismo a política, sinalou Santalices, a realidade é que os ourensáns e todos os galegos pensan na saúde, “por iso temos que lembrar e explicar que en Galicia defendémonos mellor da pandemia porque grazas a todo o feito no ámbito sanitario por Feijóo tiñamos máis recursos”.