A policía autonómica esclarece un incendio no concello ourensán da Peroxa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No que vai de ano foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 32 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Axentes da Policía Autonómica de Ourense  esclareceron un incendio rexistrado no concello ourensán da Peroxa.

Os axentes do grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica de Ourense,  procederon a tomar declaración a un varón, investigado como presunto autor dun incendio forestal rexistrado o pasado 24 de xuño na parroquia de Graíces, do concello da Peroxa, e que afectou 0,1 hectáreas de monte raso e 0,05 hectáreas de superficie arborada.

O incendio orixinouse cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais, sen as  debidas medidas de precaución, o que posibilitou que o lume se propagara polo resto da finca.

Na súa extinción participou persoal do Distrito Forestal XII Ribeiro-Areenteiro, en concreto, un axente forestal, dúas brigadas e dúas motobombas. As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ourense.

No que levamos de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 32 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.